|
|
|
Unha vez máis Manoele neste seu terceiro disco,
coa especial tenrura da súa doce voz e a sensibilidade das súas
composicións, homenaxea unha das nosas ilustres das Letras Galegas,
María Mariño Carou. Deleitarse coa poesía convértese a en algo máis ca
unha lectura, deixarnos acariñar por esta interpretación melódica
achéganos a unha reflexión interior que nos permite mergullarnos para
intentar comprendernos a nós fronte ó mundo en que vivimos. Para as mulleres que hoxe en día seguimos tendo medo de “bogar no mar calmo”,sentindo perto de nós ese temor a romper coas cadeas dunha inxusta tradición que inda non esmoreceu, as letras da nosa poeta poden alentarnos a albiscar un fío de esperanza. Novamente mensaxes de esperanza nas músicas de Manoele, quen confía en que “hai un lugar na fonda carballeira dos homes na que existe o ben, dese lugar onde saen os bicos, desexos de que vaia ben...”
Ese mesmo lugar no que xa en moitos e moitas,
naceu a oportunidade de xerar un pensamento
|
|
Manoele de Felisa prepara un novo disco para final de ano. "Poesía viva" Acaba de sair ó mercado un novo recopilatorio de música galega no que se recolle unha adapatación de Manoele dun poema de Martín Códax
Podes mercar o último disco de Manoele escrebe a Manoeldefelisa@hotmail.com |