Biografía

Discografía

Multimedia

Galería

Letras

Concertos

Contacto 

VOTA POR MANOELE

 

A MARÍA MARIÑO

Foches ti María,

a espiñada das rosas de Rosalía,

a quen de tristura mancaron de por vida.

Foches ti María,

Poeta do mar Mariño,

da ribeira e do souto,

do argazo e do ourizo.

A quen o Sol quente arrefría,

caendo noite de outono,

nun de verán día.

Do sangue daquela espiñadura,

tamén abroullaron primaveiras,

e inda que curtas,

deixaches rego na terra co teu arado de ferro e pau

polo que decorre a túa esencia de muller

onte feble e hoxe  forte

que agardaba en vida a morte,

exemplo de loita para a muller de hoxe

que soubo bogar e navegar nun mar de fondo

 

O CANTO DA MOURA EN CASTROLANDÍN

Son vellas lendas que hoxe non cremos. 

contan as lareiras dos nosos antergos,

que nalgún lugar na boca do monte,

había soterrado un tesouro,

e que moitos foron cavar para podelo atopar.

Este conto miña avoa dicia 

que llo contara súa madriña,

que no castro había unha moza encantada,

bela e loira que nas noites cantaba,

  un enfeitizado cantar que podía namorar.

Nas noites de lúa chea dician 

que na carballeira o canto se oia,

e os homes tiñan que apartar do camiño,

para non vela e caer no feitizo,

pero o seu canto xa tiña amor que lle correspondera.

Unha noite ía Manoel cara a aldea, 

cando escoitou aquel doce cantar,

e naceu o amor ó mirarense ós ollos, 

e xuntos para sempre quedaron nun soño a vivir.

No fondo do castro viven os dous,

  téñenos visto cando hai lúa chea,

eu non os vin pero din que se bañan, 

no rego do foxo cando ven o maio,

e nas noites de San Xoán din que se lles oe cantar..

 

O MAR DE SAMPEDRO

Veño dun mundo onde águias libres

voan sobre o mar pintado polo ceo azul,

dende este outro lado so eu podo descubrir,

que nada alcanzo, que todo é un negro gris, 

nin dono son de min.

Sinto a vida correr fóra sen min, 

quedou toda ilusión tras da fiestra por ti,

vexo que todo cambia e eu non podo estar ahí,

e penso que pola morte non quero agardar máis, 

vou deixar de ser aquí e voar...

Xa non podo mares adentro imaxinar,

se pecho os ollos ela me está a chamar,

non quero verme así nin ser amado aquí,

fóra o vento escoito dende o cárcere do meu corpo, 

e quero voar...

 

 

SOÑANDO O FUTURO 

Entre os rapaces que xogan no patio da escola hai un soñador,

hai un delfín, tamén hai unha estrela que brila que xira ó redor,

hai un que ha ser albanel, outro quere ser conductor,

e outro quere ser coma ti, coma min, coma nós, coma vós.

En cada mundo, primeiro, segundo ou terceiro os nenos sorrín,

son o rexer de mañá e de nós que sería se non fose así,

son o rexer do mañá, han traer o que virá, 

eles son a eternidade da humanidade.

O mundo dos rapaces é un soño, 

o soño do futuro que somos,

é o tempo de facerse o camiño, 

ti cóchaos e deixa que soñen, moiaseta...

Hai un lugar na fonda carballeira dos homes no que existe o ben,

dese lugar de onde saen os bicos desexos de que vaia ben,

hai unha pedra que di que un home pasou por alí,

pedras que temos que deixar para guíar tamén ós que mañá han de vir.

Todo canto temo é perder o tempo, o momento xogando a vivir,

vivir aprendendo dos antepasados deixando unha obra de ben son feliz,

quero aprender a soñar, para despois camiñar,

quero facer tantas cousas,non quero parar, só mirar contemplar sen obrar.

 

 

CHOVE...

Volta a tristeza a frolecer no meu xardín,

volta a nostalxia lonxe de ti,

a choiva sempre acesa faime sentir,

esperta os sentimentos, faime vivir.

Chove...

E da túa mirada sempre fría e gris,

non se escoita nada máis que auga caír,

auga que cae do ceo e volta ó mar,

pintando o verdecer do noso chan.

Chove...

Non quero fuxir de ti,aprendín a estar aquí,

Por que non lembrar, por que non sentir,

sen negar que son, nin onde vou, 

sen pensar no tempo, vivir sen medo, 

Chove...

Chove nas miradas, na noite calada,chove na túa mente na noite silente,

Chove na cidade, tamén nos lugares,chove na conciencia de quen a ten,

e seguirá a chover, chover, chover...

 

FALAR DE AMOR

Por que cando soño non sinto esa dor,

por que cando soño non teño calor .

Por que dos teus beizos non podo escoitar,

afeito a non ser para ti, escoito falar, escoito falar.

Non vou espertar non vou,non vou espertar,

eu quero falar de amor, eu quero soñar soños de amor...

Na miña viaxe vou, baixo o ceo do alén,

soño de seitura tan preto de ti,

por que en cada canción, non falamos de amor,

por que en cada canción, falamos da dor,

eu quero falar, eu quero falar un falar de amor

 

O VELLO E O MAR

Navegando longas noites o vello capitán,

un soldado da súa pátria o mar,

vencedor en tantas guerras, tantas treboadas,

cantas historias ten que contar.

Toda unha vida agardando ó pé dun faro estaba,

quen nas noites sofría condenada 

a agardar por ti,hoxe xa non estaba alí,

  so seu lamento e seu sofrir.

Tralo ronsel da morte oía, 

unha voz que así dicía,

lévame mar ós teus encantos, lévame.

A treboada calmou e a brétema seguía 

na conciencia do capitán,

no seu porto xa non había sofrires de agardar, 

soio un lamento no mar quedou.

Lévame mar á miña xente, 

ó porto do que un día partín,

entregándoche a miña alma, 

lévame.

 

VERDE 

Verde, todo é verde, 

na miña eira cando chove polo inverno,

verdes son os ollos do meu amor,

verdes como da herba é a cor. 

Verde, todo é verde

  cando escomeza a agromala primaveira, 

verdes son as flores do meu xardín, 

que han frolecer no verán por ti.

  Verdes de mil cores

  nos carballos e castiñeiros polo outono,

verde ha ser cando volte a escurecer, 

e verdes os meus soños nos que ti estás,verdes... 

Verde, sinto o verde

  cando esperto co cantar dos paxariños,

verde é a esperanza de te ter, 

e de nunca volverte a perder. 

Verdes, din que verdes 

son as xentes dun planeta imaxinario,

e tamén é verde a máquina do tren, 

e verde, todo é verde ós meus pés. 

Verde, todo é verde. eitu eite...

 

ROMANCE NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Moza que vas para Santiago facelo camiño santo,

ven comigo a cabalo para os teus pés non lastimar,

e se non queres dimo que eu heite respetar

mais polo menos debías o meu querer escoitar.

O que ven meus ollos en ti é que tamén me queres ti 

por como miras para min.

Ben me podes dar un bico porque che estou a cantar

eu quero ensinarche a lúa baixo a ponte do candán.

cóllete á miña centura, a min pódeste agarrar,

porque esta corredoira é moi mala de baixar

vin de Vilariño aquí só por te namorar

 

Portada