Biografía

Discografía

Multimedia

Galería

Letras

Concertos

Contacto 

VOTA POR MANOELE

DISCOGRAFÍA  

A gravación do seu primeiro traballo discográfico "Orballo" foi no ano 1999 e distribuido por  "Edicións do cumio" . Este disco está adicado á memoria da figura de Roberto Blanco Torres, poeta e xornalista da localidade pontevedresa de Cuntis, que fora asasinado na guerra civil e posteriormente homenaxeado no día das letras galegas o 17 de Maio de 1999. Neste CD atópanse ademáis de temas propios do compositor, con musicalizacións do poemario          "Orballo da media noite".

  "Chove" é o segundo disco,  non se produce a  publicación oficial  ata o ano 2005 por parte do selo "Zouma records", e producción a cargo da productora "Limón Produccións". Son composicións de corte intimista e repletas de gavanzas á terra,  á xente e ás costumes tradicionáis. Cabe destacar "O mar de Sampedro" adicado á istoria de Ramón Sampedro,               e o prólogo realizado por  Ángel Núñez Sobrino.

    No 2003 colabora  tamén con Astarot,  A quenlla  e nun recopilatorio de música Child Out e no 2004 participa noutro disco titulado "Así é a miña terra"  con artistas como Xil Rios, Suso Vaamonde, Astarot, A Quenlla, Seare etc... producido por Alfredo Garrido de "2001 producciones"

Ano 2007 grava un novo disco adicado á poetisa María Mariño Carou "A MARÍA MARIÑO"

Ó seu currículum discográfico hai que engadir noutro eido, as colaboracións realizadas nos discos de "La oca" producido por JM Paradela,  a "Orquestra Pontevedra" producido polo Pive, e tres discos gravados e producidos por el mesmo co grupo Limón, dos cales o primeiro foi galardoado co premio especial do programa "Luar" da RTVG.

RECIBE O TEU CD POR CORREO, INFÓRMATE ESCRIBINDO  A: MANOELDEFELISA@HOTMAIL.COM