Biografía

Discografía

Multimedia

Galería

Letras

Concertos

Contacto 

 

BIOGRAFÍA

Manuel Vázquez  Fernández  nace na Galiza, concretamente no val da localidade pontevedresa de Cuntis, terra de castros e termas, e dende os 8 anos  xa estivo ligado profesionalmente ó mundo da música e o espectáculo. Combinaba así, a súa paixón de cativo coa formación académica e musical.

Foron moitas as influencias ás que estivo exposto, mais pronto se decantou apaixoadamente pola música de autor, combinando a súa inspiración e intuición musical coa istoria do seu pobo, temática coa que sempre estivo especialmente sensibilizado. Aconteceu  así  o inicio da súa carreira artística como "Manoele de Felisa". 

Foi alentado polo mítico Suso Vaamonde cando  gravou  o seu primeiro disco con temas que compuxera anos atrás e un complicado proceso de adaptación dos poemas do libro "Orballo da media noite" do poeta Roberto Blanco Torres. Para a gravación deste cd crea o grupo "Matina folk".

Dende entón é a súa "estrela de resplandores eternos" quen o rousa a facer unha obra pola toma en conciencia dos valores propios, orixináis e difereciadores que temos como pobo e cultura dentro dun marco de universalidade.